viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeCrecente recibirá un investimento de 250.000€ para a mellora da mobilidade peonil...

Crecente recibirá un investimento de 250.000€ para a mellora da mobilidade peonil na EP-5005

O Goberno provincial aprobou hoxe o convenio para realizar as obras que permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade coa creación dunha senda peonil

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa a aprobación dun convenio co Concello de Crecente a través do cal se destinarán preto de 250.000 euros para mellorar a mobilidade peonil na EP-5005. Deste orzamento, a Deputación financiará o 80%, é dicir, 200.000 euros, e o Concello o 20% restante, 50.000.

“Estas obras permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para os peóns e vehículos”, explicou López. En concreto, o proxecto consiste na execución dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada.


Ademais, reducirase a velocidade máxima de circulación, colocaranse pasos de peóns sobreelevados e renovarase a rede de pluviais, a canalización da rede de alumeado e colocaranse luminarias nos pasos de peóns entre outras actuacións.


“Seguimos así avanzando na transformación das estradas provinciais desta provincia para alongar a súa vida e garantir a seguridade”, asegurou López.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS