lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño actualiza o seu inventario de bens inmobles

O Porriño actualiza o seu inventario de bens inmobles

A entidade local vén de adxudicar a revisión, actualización e dixitalización do seu inventario por un importe de 32.500 euros

O Concello do Porriño dá un significativo na mellora da xestión do seu patrimonio coa actualización do Inventario Municipal de Bens Inmobles, tras máis de dúas décadas sen revisar. A entidade local vén de adxudicar a revisión, actualización e dixitalización do seu inventario por un importe de 32.500 euros, un notable avance para o municipio impulsado polo executivo local no seu compromiso coa transparencia e eficiencia na administración dos bens públicos.


“A inexistencia dun Inventario Municipal actualizado dificulta de forma importante a xestión dos elementos patrimoniais ademais de non garantizar a súa transparencia”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “De xeito reiterado desde o ano 2003 vense informando nas contas xerais do Concello da necesidade de contar cun Inventario Municipal actualizado para poder contabilizar correctamente os elementos en propiedade, os rexistros dos posibles aumentos de valor ou a amortización, como consecuencia da posible ampliación, modernización ou mellora dos bens públicos”.


“En definitiva, a actualización deste inventario é esencial para facer unha boa xestión dos recursos públicos e reforzar o noso compromiso coa transparencia administrativa”, concluíu Lorenzo.

Para isto, en primeiro lugar levarase acabo a investigación e actualización do Inventario Municipal de Bens, que abarcará a identificación, comprobación e ordenación dos bens que estean ou deban estar incluídos, que en base ao catastro rondan as 200 propiedades a catalogar.

A continuación, procederase á actualización do Inventario do patrimonio público do chan no Concello do Porriño, un traballo que asegura que o inventario está completo e actualizado conforme aos contidos, alcances e extensións. Por último, implementarase a súa dixitalización, que inclúe o patrimonio municipal do chan, cun programa informático de xestión e a creación dun proxecto SIX (Servizo de Información Xeográfica) para mellorar a accesibilidade e xestión dos datos. Alí poderán consultarse as propiedades do Concello e asociar a elas información de interese como a referencia catastral, calificación urbanística, se está en uso ou desuso, etc… En definitiva unha ferramenta que permitirá consultar, analizar e actualizar todos os datos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS