viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta avanza no deseño do novo Plan de xestión de risco...

A Xunta avanza no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundación

Ángeles Vázquez anuncia que a partir de hoxe se somete a consulta pública o estudo previo realizado polo organismo hidráulico co obxectivo de revisar e actualizar a listaxe de áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia

A Xunta continúa avanzando no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundación 2028-2033 (PXRI) coa avaliación preliminar da situación dos ríos galegos desde este punto de vista, unha análise realizada por Augas de Galicia e que desde hoxe se someterá a consulta pública durante tres meses co fin de recompilar as posibles achegas de entidades e cidadáns para minimizar os efectos dos asolagamentos sobre o territorio, a economía e a poboación.

Así o anunciou hoxe en Carballo a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no marco dunha visita ao parque de San Martiño unha vez rematadas as obras que executou o organismo público hidráulico nesta zona, incluída na Área con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) do río Anllóns. Tal e como explicou a responsable autonómica, este paso supón o inicio oficial da tramitación do futuro PXRI, unha planificación que se realiza en ciclos de seis anos e que comeza sempre cun estudo preliminar do risco de asolagamento co fin de identificar aqueles tramos fluviais máis vulnerables (as chamadas ARPSIS) por presentar un risco significativo ou probable de provocar este tipo de episodios.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS