domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PP de Vigo pide ao Concello que deixe de "esconderse" tras...

O PP de Vigo pide ao Concello que deixe de «esconderse» tras o sucedido en Matamá

Os populares volveron a pronunciarse ante o sucedido o sábado, 3 de agosto, nas festas de Matamá onde faleceu un home

O Partido Popular de Vigo volveu a pronunciarse en relación ao acontecido na madrugada do pasado sábado nas festas de Matamá, onde unha persoa perdeu a vida nunha das atraccións. O martes xa pedían explicacións ao Concello de Vigo, hoxe solicitan os informes da policía local relacionados co accidente.

A través desta petición, os populares piden «saber se hai algún oficio no que se ordease de forma expresa á policía local a vixilancia das atraccións non autorizadas polo concello».

Miguel Martín, portavoz do PP no Concello de Vigo fixo as seguintes declaracións:

«Tras o último comunicado do Concello no que se asegura que a policía local trasladouse ao lugar horas antes do tráxico suceso sen detectar actividade algunha, queremos saber a qué hora produciuse esa visita»

Miguel Martín, portavoz del PP de Vigo

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS