viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeZona Franca e a Xunta avalían vías de colaboración para seguir potenciando...

Zona Franca e a Xunta avalían vías de colaboración para seguir potenciando o Instituto Feiral de Vigo

O encontro serviu para avaliar de forma conxunta a oferta de investimento realizada por Zona Franca para este espazo, coa meta da súa dinamización e de blindar o futuro en Vigo de citas estratéxicas como Conxemar

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, reuniuse esta mañá co delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, así como co presidente do Consorcio e alcalde de Vigo, Abel Caballero, co gallo de afondar na colaboración institucional e analizar as propostas do consorcio estatal en relación co Instituto Feiral de Vigo, Ifevi.


En concreto, na reunión avaliouse de forma conxunta a oferta de investimento para o Ifevi realizada por Zona Franca, dentro dun espazo de diálogo considerado como chave para examinar as necesidades actuais e futuras do recinto feiral, artellando as solucións precisas para potenciar citas absolutamente estratéxicas como Conxemar, garantindo o seu crecemento dende Vigo e blindando o seu futuro na cidade.


Neste mesmo sentido, e na liña do acordado na reunión celebrada no pasado mes de xullo entre a Xunta e a entidade organizadora desta feira, a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura – Conxemar-, o Goberno autonómico volveu remarcar a importancia de elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e poder levar a cabo outras actuacións complementarias ao seu desenvolvemento, como pode ser a ordenación do tráfico e outras cuestións que van máis alá dos espazos.


Na reunión de hoxe, todas as partes coincidiron na importancia de afondar na cooperación institucional e o diálogo, co fin de acadar solucións que beneficien todos os actores implicados e redunden na dinamización do Ifevi, procurando o maior beneficio económico para a cidade en particular e para o conxunto de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS