viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO BNG e PP de Vigo piden comparecencias para aclarar o accidente...

O BNG e PP de Vigo piden comparecencias para aclarar o accidente nas festas de Matamá

A fronte nacionalista solicita formalmente ao alcalde a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Seguridade e o Partido Popular esixe que se informe en detalle sobre o accidente

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou hoxe unha solicitude formal dirixida ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que se proceda á convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Seguridade para aclarar o accidente sucedido o pasado sábado nunha atracción das festas de Matamá. Pola súa Banda, o Partido Popular solicita ao Gobierno local que asuma a responsabilidade dos actos e esixe que informe en detalle sobre este suceso.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, demanda a través do escrito a comparecencia tanto da concelleira-delegada de Seguridade, Patricia Rodríguez, como do seu xefe de servizo, Antonio Vivero, para dar todas as explicacións en detalle sobre o sucedido en relación a este accidente, esclarecer a actuación dos servizos municipais con carácter previo e tamén na intervención no accidente e someterse ás preguntas e interpelacións dos grupos da oposición.

Miguel Martín, portavoz municipal do PP, mostra o seu desacordo coas explicaciones ofrecidas polo Gobierno municipal a través dun comunicado e engade que na súa opinión isto xenera maior inquietude. Apunta o edil popular á falta de explicacións públicas por parte dos responsables de velar polo correcto funcionamento destas instalacións e o seu deber de vixilancia, que debe ir máis alá do cumplimento estricto da normativa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS