lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO torneo balonmán I Memorial Julio Gilsanz xogarase este fin de semana

O torneo balonmán I Memorial Julio Gilsanz xogarase este fin de semana

O pavillón municipal acollerá o venres 9 e sábado 10 de agosto o torneo de banlonmán I Memorial Julio Gilsanz, presentado onte por Alejandro Lorenzo, alcalde, e Abel Estévez, concelleiro de Deportes e presidente do Club Balonmano Porriño. Trátase dun torneo internacional que honra a figura de Julio Gilsanz, fundador do club e presidente do mesmo durante moitos anos. “O torneo servirá tamén para que o noso equipo de División de Honor teña unha pretemporada de calidade e desde a directiva desexamos que o torneo teña permanencia no tempo”, comenta Estévez.

O evento deportivo consta de catro partidos e catro equipos. Este I Memorial Julio Gilsanz vai reunirao 4º e 5º clasificados da Liga Guerreiras Iberdrola, Conservas Orbe Zendal Balonmano Porriño e o Mecalia Atlético Guardés, respetivamente; e os 4º e 5º clasificados na Liga de Portugal, o AD Academia Adebol São Pedro do Sul e o ABC de Braga UMinho. Ademais, será o debut no equipo porriñés das últimas fichaxes do Club, as xogadoras Lucia Laguna, Daniela Moreno e Katia Zukovanovas que recentemente pasaron a formar parte do equipo Consevas Orbe Zendal Balonmán Porriño.

Na primeira xornada, o venres 9 de agosto, o Mecalia Atlético Guardés batirase co AD Academia Adebol SPS ás 19:15 horas; e o Conservas Orbe Zendal Balonmano Porriño fará o propio co ABC de Braga UMinho ás 21:00 horas. O sábado 10 disputaranse os partidos do terceiro e cuarto posto ás 17:30 horas e a final terá lugar ás 19:30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS