Arestora son 36 pacientes en camas convencionais e 13 nas UCI galegas.
Un total de 1269 galegos e galegas teñen a COVID-19. Isto é, cinco persoas menos que onte, segundo a última actualización de Sanidade.É a Área Sanitaria da Coruña a que conta con máis casos activos con 464, seis máis que na anterior xornada.
A melloría máis notable na comunidade prodúcese na presión hospitalaria pois, arestora, son 49 persoas as que se atopan nos hospitais galegos por mor da COVID-19. Delas, 36 están en camas convencionais, unha menos que onte e 13 nas UCI, dous menos. Non se rexistraban estos datos dende o mes de agosto do ano pasado.
Por áreas sanitarias:
A Coruña: 464 (+6)
Vigo: 191 (=)
Lugo: 164 (+3)
Ourense: 139 (-2)
Pontevedra: 116 (-7)
Santiago: 105 (+2)
Ferrol: 90 (-7)
Sanidade non notifiou ningún falecemento vencellado á COVID polo que mantense en 2434 o número de galegos e galegas que perderon a vida dende o inicio da pandemia.