viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeNace en Tui un espazo de divulgación e promoción da construcción artesanal...

Nace en Tui un espazo de divulgación e promoción da construcción artesanal de instrumentos musicais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias, promovido pola Xunta e que se celebra hoxe no marco do XVIII festival Música no Claustro

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á cuarta edición do Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 24, impulsado pola Xunta e que se enmarca na programación do XVIII Festival Música no Clasutro de Tui. Como en anos anteriores, o foro está comisariado polo músico e investigador Samuel Diz e centrado na reflexión e difusión do tecido profesional artesán en diálogo con outras disciplinas anexas como a interpretación musical, as investigacións de musicoloxía ou iconografía e historia da arte, a xestión de coleccións en museos e outras profesións técnicas vinculadas ao sector.


O obxectivo de Resonancias é achegar a profesionalización e a divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico, impulsar a investigación e a innovación no ámbito dos instrumentos musicais e xerar un espazo de intercambio e coñecemento e de creación de sinerxías neste oficio.


Entre as novidades desta cuarta edición, atópase unha mesa redonda participativa denominada Encontro de encontros, que abriu o Foro e na que se coñecerán feiras, encontros, xornadas ou festivais que xiran arredor dos instrumentos musicais, coa intención de mapear e afondar na realidade e proxección de cada evento para convivir no ecosistema cultural e propiciar sinerxías de futuro.


Resonancias 24 rescata o estudo Music in Spanish Galicia, do hispanista británico J.B. Trend publicado na revista Music & Letters no ano 1924. Trátase dun artigo case descoñecido na actualidade, que podería constituír o xerme da difusión da música galega entre o público anglosaxón e que chega da man da visión académica de Eva Moreda, catedrática de Musicoloxía da Universidade de Glasgow.

A partir das 13,30 h, Rosa Sánchez e Pablo Carpintero – do obradoiro de Pablo Carpintero, inscrito en Artesanía de Galicia – falarán sobre as gaitas de fol na provincia de Pontevedra.

Despois do xantar terá lugar o showroom de instrumentos musicais, que constitúe outra das novidades desta cuarta edición e no que confluirán construtores de instrumentos e intérpretes. O foro Resonancias 24 pecharase ás 21,00 h co concerto The music of Galicia (1924) interpretado por Pedro Lamas, Germán Díaz e Antonio Romero Cienfuegos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS