domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeO 50% dos peregrinos que en xullo realizaron o Camiño Portugués comezaron...

O 50% dos peregrinos que en xullo realizaron o Camiño Portugués comezaron en Tui

11.519 persoas optaron por esta vía xacobea, un 6% máis que no mesmo mes de 2023

O 50% das persoas que en xullo realizaron o Camiño Portugués comezaron o seu percorrido a Santiago en Tui. En concreto dos 11.519 peregrinos e peregrinas que optaron por esta vía xacobea, 5.622 elixiron Tui para comezar o Camiño de Santiago. Deste xeito a cidade foi o primeiro punto de partida do Camiño Portugués, seguindo de Porto con 2.095 peregrinos e Valença con 1.937. Tui foi amais o segundo punto de partida no conxunto de todos as vías xacobeas, superada so por Sarria, no Camiño Francés, con 19.057 peregrinos que iniciaron aí o seu Camiño. Por detrás estiveron Ferrol, no Camiño Inglés, con 3.722 peregrinos ou Saint Jean Pied de Port con 3.255 persoas.


O número de peregrinos e peregrinas que en xullo percorreron Camiño Portugués, 11.519, incrementouse nun 6% con respecto aos mesmos datos de 2023. Así se desprende dos datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela recollidos en base ás “Compostelas”.


Por outra parte cómpre lembrar tamén que dos 8.302 peregrinos que realizaron o Camiño Portugués da Costa nese mes de xullo, un número relevante pero que non figura nas estatísticas realizou o trazado oficial portugués desta ruta xacobea que dende Caminha continúa por Vilanova de Cerveira, Valença e Tui, como porta de entrada en Galicia.


Deste total 11.519 persoas que realizaron o Camiño Portugués o 56%, é dicir 6.498. foron de procedencia española, e o 44%, 4.064, foron estranxeiros.


No desglose deste datos de afluencia podemos comprobar que dos 6.498 peregrinos españois que realizan neste mes o Camiño Portugués 1.930 peregrinos (29,72%) proceden de Andalucía, de Madrid 1.106 (17,03%), da Comunidade Valenciana 743 (11,44%), de Castela e León 466 (7,18%), de Estremadura 466 (6,99%) ou Castela A Mancha 432 (6,65%). No que atinxe ao estranxeiros, dos 4.064 peregrinos de xullo, 850 son portugueses, 473 de Estados Unidos, 468 de Italia ou 293 de Alemaña.

Neste primeiros sete meses do 2024 un total de 52.975 peregrinos teñen percorrido o Camiño Portugués (17.312 españois e 34.701 estranxeiros) cun incremento do 6% en relación aos datos do pasado ano 2023.


A concelleira de Turismo e Patrimonio do concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, destaca como o Camiño Portugués continua mantendo un incremento sostido nos últimos anos e salienta o liderado de Tui como auténtica “capital” do Camiño Portugués pois a nosa cidade é a primeira escollida polos peregrinos para iniciar este Camiño, no caso do mes de xullo polo 50% dos peregrinos e no que vai de ano por 18.357 peregrinos que representan o 35,12% dos peregrinos, sempre por diante de Porto (15.965 peregrinos cun 30,55%) ou Valença (9.897 peregrinos cun 18,90%). Uns datos especialmente satisfactorios para a nosa cidade e o seu tecido socio-económico pero que tamén implican un reto e unha responsabilidade para continuar realizando na nosa cidade unha acollida hospitalaria e de calidade que garanta a sustentabilidade do fenómeno xacobeo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS