jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsA terraO Concello de Ponteareas recibe ás familias saharauís

O Concello de Ponteareas recibe ás familias saharauís

A alcaldesa, Nava Castro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, recibiron ás familias galego-saharauís do Concello de Ponteareas. Tres nenas e un neno participan no programa Vacacións en Paz de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui que posibilita o intercambio cultural e estreitar vínculos entre catro familias ponteareás e catro familias saharauís.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

Nava Castro quere agradecer ás familias acolledoras de Ponteareas centro, Padróns e Canedo a súa participación no programa e felicítaos por contribuír a crear unha sociedade máis xenerosa e por propiciar o enriquecemento que supón coñecer e establecer vínculos con outras culturas.

A responsable de SOGAPS no Condado Paradanta, Conchi Fernández, anima ás persoas a sumarse a este programa e adianta que unha vez marchan as nenas e os nenos saharauís dende a asociación xa comezan a traballar na vindeira viaxe. As persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 669078725.

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas. Este programa é posible grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia e o apoio dos concellos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS