sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasSalceda de Caselas, sen positivos nunha semana

Salceda de Caselas, sen positivos nunha semana

A incidencia aumenta no municipio de Redondela ao contar con 16 contaxios en dúas semanas.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Salceda de Caselas no periodo dunha semana. Pola contra, aumenta a presenza do virus, aínda que lonxe da zona considerada de risco polo SERGAS, en Redondela e son 12 concellos nos que non se rexistran contaxios nos últimos 14 días.

Así, Salceda de Caselas únese aos concellos da Guarda, Baiona, da Cañiza e de Pazos de Borbén como os municipios nos que a COVID-19 deixou de circular entre a súa veciñanza en 7 días. Con todo, manteñen casos coa perspectiva de dúas semanas polo que aínda non é posible inlcuiílos na listaxe das localidades libres do virus como si o están Covelo, As Neves, Fornelos de Montes, O Porriño, Mos, Nigrán, Oia, Arbo, O Rosal, Mondariz e Mondariz-Balneario.

A incidencia aumenta en Redondela ao rexistrar 16 contaxios en dúas semanas mais continúa fóra da incidencia de risco ao non superar os 75 casos por 100.000 habitantes. É esta a mesma situación epidemiolóxica coa que conta Soutomaior pero sen superar o abano dos 1-9 positivos.

Tomiño, Tui, Vigo e Salvaterra de Miño manteñen os datos con respecto á anterior actualización pois non acadan os 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. De feito, só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos con 44 en sete días, un menos que onte, segundo Sanidade.

A Área Sanitaria de Vigo conta con 191 casos activos. Os mesmos que notificou Sanidade este martes. En canto á presión hospitalaria, son 7 pacientes ingresados en camas convencionais, un máis que onte, e en coidados intensivos permanece unha persoa por mor da COVID-19.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS