viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraLuis López recibe no Pazo provincial ao expresidente do Goberno e da...

Luis López recibe no Pazo provincial ao expresidente do Goberno e da Deputación, Mariano Rajoy

O presidente provincial acompañou ao expresidente nun percorrido polo Pazo provincial, durante o que conversaron con membros do executivo da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao expresidente do Goberno e da Deputación, Mariano Rajoy.


O titular do goberno provincial acompañou ao expresidente nunha visita polas distintas estancias do Pazo Provincial, na que conversaron con membros do goberno provincial. Así mesmo, López e Rajoy visitaron a Sala de Comisións, onde se atopan retratos dos presidentes da Deputación ao longo dos seus 188 anos de historia.


Mariano Rajoy foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra entre os anos 1983 e 1986, para exercer logo como deputado no Congreso e despois, a finais do 1986, como vicepresidente da Xunta. Entre 1996 e 2004 dirixiu ministerios como o de Administracións Públicas, Educación y Cultura, Presidencia ou Interior, tamén foi vicepresidente e voceiro do Goberno. Entre 2011 e 2018, foi presidente do Goberno.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS