viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoNovos actos vandálicos en Tui, esta vez en instalacións municipais

Novos actos vandálicos en Tui, esta vez en instalacións municipais

En menos dunha semana, o Concello de Tui reportou ata dous incidencias en instalacións municipais. Unha delas, no CEIP nº2 e agora nas pistas de tenis de Áreas.

As pistas municipais foron obxecto nas últimas horas de actos vandálicos, que se repiten nestas instalacións causando numerosos destrozos. Así o informaba o Concello de Tui que hoxe pola mañá presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil.

Previamente, a Policía Local personouse no lugar tras recibir a comunicación dos festios e elaborou o correspondente informe.

Hoxe, en concreto, apareceron diversas pintadas nas instalacións anexas ás pistas. Amais rexistrouse a rotura dos pomos das portas e unha ventá rota e as redes das pistas foron atopadas nas inmediacións entre a maleza e faltan os postes que as suxeitan.

Por outra parte, unha cadeira apareceu colgada da porta principal e outras tres penduradas por un cable nunha ponte próxima. 

Dende o Concello de Tui laméntase polo sucedido e recordan que xa non é a primeira vez que se teñen rexistrados nestas instalación. Ademais, salientan a repercusión negativa que teñen tanto na actividade deportiva do Club de Tenis como no gasto de fondos municipais que conlevan para repor o material deteriorado.

Faise amais un novo chamamento á responsabilidade e o civismo agardando que estes actos vandálicos no se volvan producir.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS