viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos homenaxea á súa exelencia académica

Mos homenaxea á súa exelencia académica

O Concello celebrou esta mañá no Pazo de Mos un acto de recoñecemento á excelencia educativa mosense homenaxeando aos mellores expedientes da ABAU 2024 e ao alumnado receptor de Premios Fin de Carreira 2022 e 2023 da Xunta de Galicia. A rapazada e mocidade mosense con demostrada excelencia académica consta de 7 expedientes oficialmente premiados, 4 na ABAU e 3 de Fin de Carreira. Os flamantes portadores e responsables dos devanditos expedientes son Adai Fernández, Juan Martín, Aitana Díaz, Sara Bugallo, Ana Leirós, Iria Seijo e Carmen Barros.

Na ABAU 2024 foron recoñecidos por atoparse entre as mellores notas Adai, Juan, Aitana e Sara. Adai Hernández Folgueira estudou en Los Sauces e vive en Roublín, Pereiras. Asistiu ao recoñecemento de hoxe no Pazo de Mos acompañado polo seu avó e, ademáis de ser un gran estudante, é un gran xogador de baloncesto. A súa afeción polo deporte non remata no baloncesto, senón que tamén practica a equitación e no ano 2018 participou no XXX Campeonato de España de Ponis. O vindeiro curso Adai estudará Medicina en Santiago de Compostela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS