domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño prepárase para a súa propia Festa Holi que encherá de cor...

Porriño prepárase para a súa propia Festa Holi que encherá de cor á vila

O Concello do Porriño presentou hoxe a súa propia «Festa Holi» na praza do Arquitecto Antonio Palacios que se encheu de cores para a ocasión. A festa estaba prevista para que tivera lugar durante a celebración de Porrigalia, mais as condicións meteorolóxicas adversas impediron a sua realización.

A pesar diso, agora hai unha nova data, o próximo venres, 9 de agosto, no aparcadoiro da rúa do Progreso ás 20:30 horas. Cunha proposta diferentes á que se tiña previsto no mes de xullo.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou a programación da festa xunto cos concelleiros de Cultura e Festas, Bienvenido Estévez, e Educación, Carolina González, e os DJs Dorman DJ e Traffic House.

A Festa Holi inclúe o espectáculo “Errantes” de Troula Animación, a actuación dos Festicultores Troupe, e as sesións dos DJs Dorman DJ, Traffic House e Romántico Latino.

Holi, a festa inspirada no festival hindú Holi, no que se baila e lánzanse pos para dar a benvida á primavera. No Porriño será unha festa de cores, onde os participantes serán asperxidos de xeito total con arcoiris de pos máxicos ao tempo que gozan e participan das actuación para tódolos públicos.

O rexedor do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, convida a toda a veciñanza a participar e “encher de cores a vila e os nosos corazóns. Ledicia para todos!”

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS