viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Casa de Don Pancho acollerá o novo Viveiro de Empresas de...

A Casa de Don Pancho acollerá o novo Viveiro de Empresas de Redondela

O Consorcio da Zona Franca deu hoxe un paso máis na posta en marcha do futuro Viveiro de Empresas de Redondela. O delegado do Estado, David Regades, asinou a escritura de compra-venda da Casa de Don Pancho, edificio situado na Praza da Petanca que atópase en frente do Concello de Redondela e conta cunha superficie de 670 metros cadrados.

A Casa de Don Pancho albergará este espazo de emprendemento, que supón xa o cuarto Concello da provincia que se suma á iniciativa. A operación de compra-venda do edificio realizouse por un importe de 265.628,27 euros, segundo a taxación oficial. Desta forma, respóndese ao protocolo de colaboración e do convenio subscritos entre a Zona Franca e o Concello de Redondela para a implantación do Viveiro.

Será a primeira actuación do Consorcio en Redondela

Ao acto de firma asistiron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e as propietarias do inmoble e tamén estivo presente o adxunto á Secretaría Xeral do Consorcio, José Manuel Rodríguez Quiroga.

O delegado de Zona Franca, David Regades, sinalou que este Viveiro de Empresas é a primeira actuación do Consorcio en Redondela, “ante o interese común do Concello e do Consorcio estamos convencidos que non será a última».

Regades concretaba a función principal desta operación que se levará a cabo, «o noso obxectivo é achegar espazos a todas as persoas con novas iniciativas que queiran emprender e acompañalas no seu nacemento e na súa consolidación». O delegado da Zona Franca tamén salientou a importancia dun lugar coma a localidade redondelá, «en Redondela hai un dinamismo económico que temos que aproveitar para seguir xerando riqueza, creando de emprego e atraendo talento. Hoxe é un día importante para Zona Franca».

Pola súa banda, a alcaldesa, Digna Rivas, destacou que “este proxecto é moi importante para a vila e hoxe xa é unha realidade”. Rivas agradeceu o compromiso da Zona Franca con Redondela incidindo en que “este viveiro suporá un impulso aos novos emprendedores, as pemes e as empresas. En pouco tempo, veremos xa a transformación deste edificio tan emblemático. Hoxe é un día feliz”.

As obras poderán comezar no 2025

O delegado da Zona Franza, David Regades, informou que o proxecto xa está redactado e que este mesmo ano irá a licitación polo que as obras poderán comezar o ano que vén.

Unha vez pechada a adquisición da Casa de Don Pancho, será a Zona Franca quen levará a cabo a rehabilitación do inmoble. As obras, aproximadamente, terán un importe duns 1.250.00 euros. Tras a súa apertura, o Consorcio colaborará co Concello de Redondela na dinamización das instalacións.

Pola súa banda, o Concello asumirá a xestión e mantemento deste novo espazo de emprendemento e do edificio. Ademais, dotará ás instalacións de persoal para as labores de atención e asesoramento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS