sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoComezan as Galimpiadas de Caldelas: 14 equipos, xogos populares, música e gastronomía

Comezan as Galimpiadas de Caldelas: 14 equipos, xogos populares, música e gastronomía

Mentres en París os mellores deportistas do mundo compiten por colgarse a medalla de ouro nas diferentes probas de atletismo, baloncesto, natación ou vela; en Caldelas de Tui xa teñen todo preparado para dar comezo ás Galimpiadas, que chegan a súa cuarta edición, logo de ter tido que ser suspendidas en xuño por chuvia. Así, co lema de “A ver se desta saen!!”, a ribeira de Caldelas acollerá desde hoxe os seus propios xogos galímpicos, que nada terán que envexar aos da capital gala.

Este ano serán 14 equipos os que compitan por ser Campión de Galicia, título que conseguiron na pasada edición os Arrebentatillanas, gañador das Galimpiadas ata en dúas ocasións.

A primeira toma de contacto dos equipos será esta tarde, cando terán lugar os sorteos dos emparexamentos dos equipos para as diversas probas: ra, tute, futbolín, billar, dardos, corda, sacos, esquís de terra, pulso e, este ano, coma novidade, unha proba sorpresa que se coñecerá o propio día da competición.

O desfile da “llama galímpica” marcará o inicio das Galimpiadas, mañá, venres, 2 de agosto, ás 18 horas, na ribeira de Caldelas. Todos os equipos deberán acompañar á llama e comezar a amosar o seus espírito galímpico.

Tras o desfile, a partir das 20 horas comezarán os xogos: ra no Chiringo os Choróns, tute no bar A Capela e futbolín na ribeira. Ao remate, a partir das 22 horas, empeza a música co grupo Micalips e DJ Amarok.

O sábado, proba sorpresa e pulpeiro

O sábado, 3 de agosto, continúa a competición desde o mediodía, con billar no Chiringo Os Choróns, dardos na Capela e a proba sorpresa na ribeira. As 14 horas faremos unha pausa para xantar, con pulpeiro e servizo de comida a cargo da Asociación A Insua de Caldelas. Pola tarde, desde as 16 horas, a ribeira acollerá o resto das probas: corda, sacos, esquís de terra e pulso.

Finalmente, ás 21 horas, será a entrega de trofeos e premios, para dar paso a festa de clausura, co concerto de Aquelarre e DJ GabriD.

Ademais, durante todas as Galimpiadas haberá servizo de cantina e, coma novidade, vasos reutilizables que poderás alugar ou mercar para levarte para casa este recordo das Galimpiadas de Caldelas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS