lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán rescata aos sectores pesqueiro, de hospedaxe e deportivo

Nigrán rescata aos sectores pesqueiro, de hospedaxe e deportivo

O Concello de Nigrán aprobará no próximo pleno ordinario do 28 de xuño un cuarto plan de rescate municipal por importe de 51.526 euros.

Este novo plan de axudas irá destinado ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con subvencións de 1.200 euros para os empresarios e 750 euros para a tripulación de barcos.

Esta partida orzamentaria xurde a través dunha convocatoria excepcional da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra co obxectivo de paliar os efectos económicos do Covid-19 naqueles sectores que determine cada concello, sendo estes os elixidos desde Nigrán: mariñeiro (patróns e tripulantes), hospedaxe (hostais, pensións, hoteis, campings…) e deportivo (ximnasios, centros deportivos ou empresas de deportes).

O Concello de Nigrán suma xa anterioremente 240.000 euros en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre sí para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi; e agora engade estes 51.526 euros para novos sectores. A última delas pechou esta semana o prazo de solicitude e foi requerida por 25 taxistas, 30 autónomos societarios, 41 autónomos individuais e 10 autónomos colaboradores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS