viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPreto dun centenar de porriñenses participaron en cursos de capacitación dixital aplicada

Preto dun centenar de porriñenses participaron en cursos de capacitación dixital aplicada

Os cursos de capacitación dixital aplicada que se están a impartir no Porriño recibiron ata agora 90 persoas. Foron cinco as quendas desta actividade formativa na que o alumnado obtén información e alfabetización dixital, aprende sobre a creación de contidos e seguridade na rede. A formación está centrada en contidos básicos para iniciarse no uso de teléfonos intelixentes e no ordenador, manexo do correo electrónico, distintas aplicacións de Google, organización e recuperación de información, xestión das citas médicas, e todo o preciso para relacionarse coa Administración a través da Sede Electrónica, xestionar impostos e adquirir coñecementos básicos de Big Data e Intelixencia Artificial.

Ademais, aprenden como crear contidos dixitais nos distintos formatos e entendendo a parte legal das licenzas e do Copyright. Trátanse tamén aspectos de seguridade na rede, tanto en computadoras como nos teléfonos móbiles, ciberataques e como protexer a presenza nas redes, entre outros temas.

Os cursos retomaranse no mes de setembro e as persoas interesadas poden anotarse xa. Teñen unha duración de 30 horas e están abertos a todas as persoas interesadas de maneira gratuíta. Impartiranse como ata o de agora de forma presencial nas instalacións de Porremprego en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS