Galicia ten 1.250 casos activos, unha cifra que non rexistraba desde o 15 de agosto de 2020. Con todo preocupa a variante Delta, a máis contaxiosa e que foi a que obrigou a Portugal a pechar a área de Lisboa.
O epidemiólogo Juan Gestal:
Galicia ten 1.250 casos activos, tras baixar en 20, con respecto ao día anterior e diagnosticarse unicamente 56 novos positivos nas últimas 24 horas.
A cifra é positiva porque confirma a tendencia descendente. Con todo, os epidemiólogos recoñecen estar preocupados pola posible expansión da variante Delta. Nas augas residuais da Coruña xa se confirmou a súa presenza en Galicia, aínda que o primeiro caso detectouse nun barco, en Vigo.
Portugal, para contela, optou por pechar a área de Lisboa.
Para conter a variante Delta, os epidemiólogos defenden axilizar a vacinación e protexer canto antes á poboación de máis de 60 anos coa pauta completa da vacina. Propoñen incluso adiantar esa segunda dose de Astrazeneca á semana 10, en lugar da 12 que correspondería polo prospecto, ou en lugar da 11 como prevé facer o Sergas.
O epidemiólogo galego Juan Gestal insiste na importancia de vacinar á poboación canto antes coa pauta completa para protexela contra esta nova variante máis contaxiosa.
A área sanitaria con máis casos activos é a da Coruña, que leva xornadas subindo e xa acumula 439 positivos:
A Coruña: 439 (+5)
Ferrol: 102 (+1)
Lugo: 151 (-3)
Ourense: 142 (=)
Pontevedra: 119 (+1)
Santiago: 100 (-10)
Vigo: 197 (-14)
Nos hospitais a situación é estable: Son 59 ingresados, 43(-2) en planta e 16 (+1) en UCI.
O número de falecidos pola pandemia en Galicia ascende a 2.434 persoas. O último falecido era un home de 100 anos que morreu o día 19 no hospital da Coruña.