viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO mercado da Festa da Lamprea Seca en Arbo regresa a próxima...

O mercado da Festa da Lamprea Seca en Arbo regresa a próxima semana

A primeira quincena de agosto, a vila de Arbo volve converterse na Capital Mundial da Lamprea, produto que cativou ao longo da historia padais tan selectos como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Vello. Como é habitual, a Festa da Lamprea Seca, que este ano coincide ós días 9, 10 e 11 de agosto, celebrase na «Carballeira de Turbela”, un área recreativa ideal na que vivir a tradición da lamprea.

Entre as actividades que o Concello ten programada, está o Mercado da Festa da Lamprea ao aire libre, o 10 e 11 de agosto, onde todos os artesán e comerciantes que o desexen poderán formar parte del de maneira gratuíta. A data limite para anotarse é o 6 de agosto.

Durante todo o fin de semana pódense degustar no posto habilitado a Lamprea seca nas súas diferentes variedades, compañada dos mellores viños da D.O Rías Baixas das adegas de Arbo, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS