viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasOs muíños e lendas río Fondón abren o programa de Roteiros Ambientais...

Os muíños e lendas río Fondón abren o programa de Roteiros Ambientais de Redondela

As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente poñen en marcha o programa de saídas para o mes de agosto. Serán en total doce actividades nas que se combina turismo, cultura e ecoloxía. Como novidade, neste mes realizaranse saídas nocturnas polo río Pexegueiro e tamén observacións dende o Miradoiro de Outeiro Grande. As rutas polo río Fondón, o litoral de Cesantes, saídas en kaiak pola enseada ou citas para a observación de estrelas completan a programación.

A primeira saída será este venres, 3 de agosto, cunha ruta nocturna polo río Fondón. Os participantes partirán ás 21.30 horas do campo de fútbol de Trasmañó para facer un percorrido pola beira do río. Esta actividade, cultural e medioambiental, é de balde, e pode participar público de todas as idades. Un guía especializado explicará a riqueza medioambiental da zona e o seu patrimonio cultural e etnográfico. Visitarán os muíños ao longo do río e os petróglifos de Monte Penide, e poderán escoitar as lendas e costumes tradicionais relacionadas con este fermoso enclave cunhas espectaculares vistas panorámicas sobre a ría. Esta mesma actividade repetirase o venres 30 de agosto.

Todas as actividades son de balde, agás as saídas en kaiak, que teñen un prezo bonificado de 20 euros, e a observación do ceo nocturno, cun prezo de 3 euros. Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS