viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEmprego"O Noso Encontro co Emprego" trae novos cursos de formación ao Porriño

«O Noso Encontro co Emprego» trae novos cursos de formación ao Porriño

O Concello do Porriño impulsa un novo obradoiro de emprego onde 16 mozos e mozas en situación de desemprego poderán formarse mentres traballan nas especialidades de carpintería e albanelería urbanización.

A administración autonómica vén de dar luz verde a “O Noso Encontro co Emprego”, un programa de emprego para a mocidade. Este proxecto está dirixido a persoas menores de 30 anos que deberán estar inscritas e ser beneficiarias do sistema nacional de Garantía Xuvenil e entre os requisitos é imprescindible que estén dados de alta como demandantes de emprego na oficina de emprego.

A posta en marcha deste novo programa require unha inversión de, aproximadamente, 484.000 euros. De estos, 439.000 euros estarán financiados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e 45.000 pola corporación.

Dende a organización deste novo programa impulsado polo Concello do Porriño estiman con que en cada unha das especialidades teña ocho alumnos e alumnas que estén traballando en cada unha das especialidades. 

As persoas participantes na de carpintería de madeira poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos a través da reparación de tres pasarelas no Paseo do Louro. De esta forma, facilitarán o tránsito pola senda peonil que percorre a marxe do río.

Por outro lados, os encargados da parte de albanelería participarán nos traballos de urbanización e pintura na rúa Paralela 3 do Polígono Industrial de A Granxa, coa execución de novas beirarrúas.

O programa “O noso encontro co emprego” ten unha duración de doce meses. Comezará o 1 de outubro do 2024 e rematará o 30 de setembro de 2025, previsiblemente.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou esta “boa nova, que non só servirá para acometer obras de mellora no polígono industrial de A Granxa e no Paseo do Louro, senón que sirve, unha vez máis, para formar e contratar traballadores en especialidades moi demandadas e coa intención de que aumenten as posibilidades reais de inserción laboral”.

As persoas interesadas en participar poden informarse na oficina de Porremprego, situada no Multiusos de Torneiros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS