viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeMedio AmbienteCovelo e Xunta buscan poñer en valor a contorna do río Alén

Covelo e Xunta buscan poñer en valor a contorna do río Alén

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, reuníronse no día de hoxe para valorar a posibilidade de declarar a contorna do río Alén como espazo natural de interese local (ENIL).

Segundo lle explicou a conselleira ao rexedor, este procedemento enmárcase na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que recoñece os ENIL como unha das categorías nas que se clasifican os espazos naturais protexidos.

Nesa liña, subliñou que o Concello de Covelo terá presentar unha proposta que debe ter como obxectivo a protección dun espazo que, polas súas singularidades, sexa merecedor dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.

A maiores, Ángeles Vázquez incidiu en que, aínda que a declaración dun ENIL é competencia da Administración autonómica, non implica a asignación de recursos económicos por parte da Xunta e a súa xestión corresponde ao Concello.

A conselleira tamén mencionou a opción de aprobar, logo de analizar os informes sectoriais pertinentes, unha declaración provisional, por un prazo máximo de dous anos. Tras este procedemento, o Concello deberá presentar, como requisito imprescindible, o plan de conservación deste espazo natural para acadar a declaración definitiva.

O río Alén forma co Tea, do que é afluente, unha das redes fluviais mellor conservadas do sur de Galicia en canto á calidade das augas, aos seus hábitats de ribeira e á súa biodiversidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS