jueves, noviembre 21, 2024
InicioA RaiaAmericasConta atrás para a Noite Internacional do Miño

Conta atrás para a Noite Internacional do Miño

O folclore máis internacional darase cita o próximo martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, cunha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui.

No evento participarán:

Italia – Sbandieratori Ducato Caetani

Chegan dende a cidade italiana de Sermoneta cun espectáculo que transportará ao público até a época medieval.Os tambores e trompetas marcan o ritmo das coreografías, que realizan entre 4 e 6 portabandeiras e solistas, nunha posta en escena espectacular.

Dende a súa creación en 1996 teñen participado en destacados eventos e festivais en Corea, Xapón, Nova York, Caracas, Melbourne, Sydney así como en numerosas cidades europeas

Bosnia Herzegovina – Folk Ensemble Omarska

O grupo foi creado en 2007 e actualmente, conta con 190 membros distribuidos en sete grupos de danza, nunha orquestra folclórica, grupos de canto e solistas vocais.

No seu repertorio interpretan coreografías tanto de Bosnia Herzegovina coma de Serbia, caracterizadas polo corido vestiario que empregan. Ao longo do ano organizan distintos eventos entre os que destacan o concerto de Pascua, o concerto de Aninovo e o que realizan na honra ao patrón da cidade Vidovdan Dane.

Chile – Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio

Chegan dende a provincia da Concepción en Chile. O grupo está formado por un total de 30 persoas entre músicos, bailaríns e persoal de apoio que traballan na recuperación do folclore chileno dende a súa creación en 1999. Na súas actuacións ofrecen un fermoso repertorio de canto e danza da zona central del Chile da cultura Rapa Nui. 

Uruguai – Ballet Tierra Adentro

A fusión de diversos estilos dende un punto de vista técnico, escénico e interpretativo caracteriza o espectáculo deste grupo creado en 2010. O seu obxectivo está na labor de recuperación dalgo tan valioso como son as súas tradicións rexionais.

O coreógrafo e bailarín, Carlos Borthagaray, encárgase de dirixir o elenco formado por profesionais da danza e da música. Mentres a dirección musical corresponde a Domingo Bermúdez.

Achegarán unha mostra do folclore uruguaio cunha interpretación na que de seguro non faltarán bailes como gato, chimarrita, firmeza, ranchera, polca, milonga, malambo e boleadoras.

Así o folclore de Europa e América compartirá escenario o próximo martes, 30 de xullo, ás 21:30 horas no Parque do Laxal en Rebordáns na Noite Internacional do Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS