viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMos aproba as obras na rede de saneamento da parroquia de Cela

Mos aproba as obras na rede de saneamento da parroquia de Cela

Durante a mañá deste venres, celebrouse no Concello de Mos a Xunta de Goberno Local. Na reunión aprobouse a iniciación do procededento de licitación da obra de acometida do saneamento no Camiño do Carballo, na parroquia mosense de Cela.

As empresas que se desexen presentar a concurso poderán exponer as súas ofertas ata mediados do mes de agosto. Así o informaron hoxe ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal declararon que a devandita obra financiarase grazas á concesión da subvención ao Concello ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O importe total será de 112.736,51 euros.

A obra de instalación da rede de saneamento no Camiño do Carballo en Cela dará servizo de alcantarillado ao núcleo rural de Pardellas.

Para a conexión de vertedura da rede proxectada existe un colector de PVC de 315 mm, que discorre polas marxes da coñecida como estrada Xeneroso Domínguez. Esta discorre por gravidade e conduce as súas augas cara á rede xeral de saneamento municipal de Mos.  

As obras previstas no presente proxecto terán lugar nunha zona rural, onde se pretende dar servizo a un total de 13 vivendas. Destas estableceuse como número medio, aproximado, un total de catro habitantes por vivenda, polo que a poboación total considerada na zona da rede de sumidoiros proxectada alcanza a uns 52 habitantes.

As obras obxecto do proxecto consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento da parroquia de Cela, concretamente para o núcleo rural de Pardellas, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do Concello de Mos que aínda carecen deste servizo.

As obras contempladas inclúen a reposición dos pavimentos demolidos previamente mediante a execución dunha base de saburra natural de 20 cm de espesor, a rega de imprimación e a execución dunha capa de rodadura de pavimento de aglomerado asfaltico de 8 cm de espesor ou soleira de formigón HP-30, a todo o longo das zonas afectadas polas obras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS