O Concello de Mos atópase en plenas obras na rede de saneamento no primero tramo do Camiño de Ansar que pertence á parroquia de Sanguiñeda.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron no día de hoxe os avances que se están a levar a cabo.
Os devanditos traballos son financiados íntegramente polo Concello de Mos, que está a acometelos con operarios municipais. Así realizará un investimento total dun total de 51.478,35 euros.
Así mesmo, os representantes municipais Arévalo e Grandal anunciaron que, unha vez rematada a instalación do saneamento, o Camiño de Ansar será obxecto dunha mellora integral a través do seu asfaltado que se subvencionará a través das axudas da Deputación de Pontevedra.
O obxectivo das obras que se están a acometer é permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello.