A competición terá lugar nos arredores da praia fluvial do Abelán en Fornelos da Ribeira en Salvaterra de Miño este sábado 27 de xullo. O Club Deportivo Veteranos Progresista de Fornelos da Ribeira do municipio organiza en colaboración co Concello e patrocinadores a cuarta edición do torneo de fútbol sete “Champions Lama Mixto 2024” durante todo o día a partir das 10 da mañá.
No torneo participarán 12 equipos de maiores e 4 equipos de crianzas, cada equipo ten que contar como mínimo con 3 mulleres e no terreo de xogo sempre ten que estar presente polo menos dúas. Para o terreo de xogo utilízase unha finca enlamada onde os participantes teñen que empregarse a fondo para mover o balón.
A organización ten habilitado no entorno do campo un amplo aparcadoiro de balde e os visitantes poden gozar da cantina que monta a organización e da praia fluvial da zona. Ademáis, o venres pola noite xa haberá churrascada e concertos a cargo de varios grupos.