sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeA Deputación abre o prazo para que as cooperativas agrogandeiras soliciten axudas

A Deputación abre o prazo para que as cooperativas agrogandeiras soliciten axudas

A institución provincial destina 250.000 € a esta liña de axudas, que se distribuirán por concorrencia competitiva e achegarán ás cooperativas contías que oscilan entre os 600 e os 35.000 euros

A Deputación de Pontevedra ten aberto ata este venres, 26 de xullo, o prazo para que as cooperativas agrogandeiras da provincia soliciten axudas para realizar investimentos que estean destinados a recuperar e poñer en valor os recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro. As axudas, dotadas con 250.000 euros, repartiranse en base a criterios de concorrencia competitiva e distribuiranse contías entre as cooperativas que oscilan entre os 600 e os 35.000 euros.


En liñas xerais, cada cooperativa poderá recibir un máximo do 65% do orzamento da actividade subvencionable, sempre que este non supere os 70.000 euros. Entre os gastos subvencionables atópanse os investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa, como adquisición de terreos, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e nos seus accesos, etc.; a comercialización, a transformación e a valorización das producións; a formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, ou o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético.


As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Nas bases da convocatoria poden consultarse todos os detalles desta liña de axudas provinciais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS