Un neno de 11 anos morreu afogado durante unha excursión escolar a Mazaricos. Os estudantes do CEIP Fogar de Carballo tiñan permiso para utilizar as piraguas no encoro da Fervenza pero cando notaron a falta deste alumno xa era tarde.
Bombeiro de Santa Comba, Pablo Fadeville:
A vítima estaba nunha piragua xunta outros compañeiros. Nun determinado momento perdeuse a visión do pequeno, e cando o rescataron estaba falecido. Entre outros efectivos, actuaron os bombeiros de Santa Comba, que recuperaron o corpo do neno afogado.
Os rapaces, uns 40 alumnos, estaban acompañados na excursión na zona de Naturmaz, un parque de aventuras, polo director do centro, un coidador e un profesor.
Efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil fixéronse cargo da investigación para aclarar o ocorrido, pero de momento descoñécense as circunstancias que rodean o incidente.
A Consellería de Educación decretou tres días de loito oficial sen actividade lectiva no CEIP Fogar de Carballo. Educación fixo chegar a decisión aos pais a través dun comunicado e trasladou o seu máis sentido pésame en nome do Goberno galego aos seus familiares, profesores e compañeiros.