lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAFAGA e o Concello do Porriño deixan a súa pegada na Mochila...

AFAGA e o Concello do Porriño deixan a súa pegada na Mochila da Luz

A Mochila da Luz chegou hoxe de novo ao Porriño cargada de luz e esperanza. Na súa peregrinaxe polo Camiño portugués, desde Oporto cara Santiago de Compostela, carga de xeito simbólico recordos de moitas persoas que quedaron atrás e e vai recollendo novos agasallos.

Chegará a Compostela o 25 de xullo coincidindo co Día do Apóstolo Santiago, onde
serán recibidos polo deán da Catedral.

O seu portador este ano é o peregrino César Crespo, de Arcade, que xunto coa comitiva que o acompaña e representantes do Discamino, chegou á vila do Louro onde foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, e os usuarios e usuarias da unidade de AFAGA no Porriño que tiñan preparado un agasallo para eles.

Trátase dunhas fermosas cunchiñas que pintaron para que acompañen a estes peregrinos
durante o seu Camiño, unha das cales pendura xa para sempre da Mochila da Luz.

“Sempre é un pracer ver a implicación das entidades sociais e das persoas que as integran nos proxectos da nosa comunidade, como nesta ocasión, para contribuír con esta mochila que simboliza o esforzo, o recoñecemento e a necesidade que todos temos de sentirnos
acompañados no camiño”, afirmou a concelleira, Teresa Veloso.

No mesmo sentido se expresou o alcalde, que deu a benvida aos peregrinos e agradeceu “a
mensaxe de solidariedade e empatía que cargan nesta mochila e teñen a ver difundir en cada vila que visitan ata chegar a Santiago de Compostela”. Lorenzo quixo destacar tamén a “colaboración de AFAGA neste e en cada proxecto social que se lles plantexa, están deixando unha enorme pegada en moitas vidas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS