martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaUn camión envorca na PO-510, en Budiño

Un camión envorca na PO-510, en Budiño

O camioneiro atópase en bo estado, segundo o 112 Galicia.

Ás 19:20 horas da tarde deste martes o 112 Galicia recibe un aviso sobre un camión, que envorcou na PO-510 á altura da parroquia de San Salvador de Budiño. Desprendeuse a cabina do vehículo, que transportaba virutas de madeira.

Segundo a información do 112 Galicia o camión saiuse da vía por mor dunha ruptura dunha das rodas. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Bombeiros do Baixo Miño, Garda Civil e Protección Civil. O conductor, segundo Emerxencias de Galicia, tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a circulación non foi cortada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS