viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeLorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política...

Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta

Apunta que se trata dun sector cunhas enormes posibilidades de crecemento, que achega un indubidable valor engadido á industria galega en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou que un dos obxectivos desta lexislatura é dar un novo impulso ao sector aeroespacial en Galicia, de aí a súa integración como sector estratéxico na política industrial do Goberno galego.


Lorenzana visitou hoxe as instalacións de Centum Research&Technology, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas –como é o LifeSeeeker- que optimizan as operacións de rescate de persoas en zonas difíciles e que desenvolven a comunicación en contornas críticas. Unha empresa que participa no polo aeroespacial de Galicia (Civil UAVs Initiative) e que cualificou como “un caso de éxito”.


A industria aeroespacial está nun momento de enormes expectativas de crecemento, dixo Lorenzana, que o considerou un sector que achega un indubidable valor engadido á industria galega, en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado. Segundo apuntou, contribúe ao PIB nacional cun 6 por cento e só en Galicia conta con máis de 1.600 persoas traballadoras.


Lorenzana lembrou que a Civil UAVs Initiative depende agora da secretaría Xeral de Industria, como unha forma de integrar o sector na política industrial do Goberno galego, onde potenciar a innovación vai ser esencial como elemento clave para atraer talento e novos investimentos cara á industria galega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS