O camioneiro está sendo atendido no lugar polos servizos de urxencias médicas
A Axencia Galega de Emerxencias recibiu a alerta dun particular sobre as 12.20 deste martes avisando da saída de vía dun camión na autovía A-55, á altura do Concello do Porriño, impactando contra a medianeira que divide o sentido da circulación.
Fóra de que non rexistrou danos graves persoais, o incidente está a causar importantes retencións de tráfico en ámbolos dous sentidos, debido a que, a pesar de que o vehículo sinistrado circulaba en dirección Vigo, ao atravesar a medianeira tamén afectou a un dos carrís en dirección Tui.
Dende o 112 Galicia mobilizaron a lugar do accidente (punto quilométrico 17) a urxencias médicas, bombeiros, policía local e protección civil do Porriño e garda civil de tráfico. Os axentes e os voluntarios de protección civil informaron que o camioneiro está sendo atendido no lugar por un equipo sanitario.
Colisión de dous camións no polígono
En menos dunha hora rexistrouse outro accidente de tráfico no termo municipal do Porriño. Trátase nesta ocasión, segundo informa o 112 Galicia, dunha colisión entre dous camións no polígono de A Granxa. Un particular alertaba do incidente ás 13.17 horas indicando que os conductores de ambos vehículos estaban feridos pero liberados e accesibles. Con todo, mobilizárnose aos bombeiros, protección civil, garda civil e policía local para que acudisen ao punto do accidente, na circunvalación, no punto no que conflúen a rúa C coa principal.