viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Xunta inicia un plan de erradicación de especies invasoras no Monte...

A Xunta inicia un plan de erradicación de especies invasoras no Monte Aloia

A Xunta de Galicia prevé destinar preto de 200.000 euros á erradicación de especies exóticas invasoras no Parque Natural Monte Aloia, segundo avanzou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz. Durante a súa visita a este espazo protexido, a directora xeral informou de que, logo de realizar o pasado ano unha análise previa para determinar a eficacia das diferentes metodoloxías, este ano e no 2025 actuarase en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra.

Deste xeito, en función da densidade de exemplares, levaranse a cabo a corta e tratamento de todos os pés, o descortizado por medios manuais de todos os pés ou unha actuación mixta de ambas metodoloxías. O obxectivo desta iniciativa é reducir a presenza desta especie invasora, de maneira que se recuperen os terreos perdidos para o mantemento e implantación das especies de interese e, ao mesmo tempo, establecer un protocolo de actuación para o seu control en sucesivas actuacións.

Nesa liña, cómpre lembrar que o Plan reitor de uso e xestión deste parque natural, inclúe, entre os seus obxectivos a conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os ecosistemas e os hábitats. De feito, este espazo protexido alberga un total de dez tipos de hábitats tipificados como de interese comunitario, dos que dous son considerados como prioritarios.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS