Aínda non toca. O comité clínico non abordará hoxe na súa reunión semanal, a retirada da máscara nalgúns casos ao aire libre. O conselleiro de Sanidade asegura que será «en pouco tempo» pero aínda debe avanzar máis a inmunización e polo tanto a vacinación.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:
Será en «pouco tempo» pero non na reunión de esta tarde. Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia da COVID-19 non abordará aínda a retirada da máscara no exterior, en determinadas circunstancias, pero si en breve. A aposta é permitir a retirada da máscara en lugares non masificados.
Os expertos consideran que debe avanzar aínda máis a inmunización da poboación para poder facelo e para iso debe haber aínda máis persoas vacinadas, especialmente quedan pendentes os máis novos, os menores de 40 anos que non comezarán vacinarse ata xullo.
Son precisamente os máis novos os que teñen máis interacción social e a máis interacción, máis contaxios.