lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO Estourazo de Salceda homenaxea os 30 anos das Mulleres Rurais Caselas

O Estourazo de Salceda homenaxea os 30 anos das Mulleres Rurais Caselas

A Asociación de Mulleres Rurais Caselas foi o colectivo elixido este ano polo equipo de goberno de Salceda para disparar o Estourazo de inicio das Festas do Cristo. A cita será o vindeiro sábado 20 de xullo ás 22:00 horas desde o balcón da Casa da Casa da Cultura Castelao, nun evento que chega xa á súa XV edición.

A Asociación de Mulleres Rurais formouse fai 30 anos, e na actualidade aglutina xa a máis de 150 socias de Salceda. Durante eses anos son numerosas as iniciativas organizadas, como talleres e cursos, andainas, excursións, xantares, etc. O pasado mes de xaneiro a asociación celebrou o seu 30 aniversario no Auditorio Municipal e o equipo de goberno do Concello quere completar esa celebración outorgándolles a estas mulleres a honra de ser as encargadas de disparar o Estourazo.

“Parabéns ás Mulleres Rurais de Salceda por estes 30 anos de traballo en beneficio da nosa vila. Agardamos que toda a veciñanza goce destes días de festa e convivencia e que esta sexa un ano máis unha fin de semana de música, diversión e alegría para toda Salceda”, destaca a alcaldesa, Loli Castiñeira.

O Estourazo, o evento que homenaxea á asociación, leva máis dunha década dedicado diferentes colectivos sociais, educativos, deportivos ou culturais entre outros. Nas horas previas, como xa ven sendo tradición, a Agrupación Gaiteira de Salceda voltará percorrer as rúas da vila na súa cita anual, aglutinando máis de 60 persoas baixo o lazo de unión da música tradicional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS