sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTodo o que necesitas saber sobre o IKFEM 2024: horarios, actividades...

Todo o que necesitas saber sobre o IKFEM 2024: horarios, actividades…

O IKFEM volve cunha nova edición. A partir do 17 ata o 21 de xullo, as cidades de Tui e Valença acollerán unha cita moi ansiada en ambas vilas.

A través da música, cultura e a creatividade descubrirán o patrimonio artístico que atesoran ambas beiras do río Miño e que se unen a través da Ponte Internacional.

Co obxectivo de ser un festival para poder coñecer as novas propostas culturais sen ter en conta as fronteiras, volven coa 12º edición baixo o lema #somospuente. Deixámosvos un resumo do que se poderá encontrar nos cinco días de festival.

Mércores, 17 de xullo

  • Concerto de Salvador Sobral & Marco Mezquida

Coa súa proposta «Cosa de Dois» levarán ao público por unha viaxe inmersiva dos universos musicais do portugués, Salvador Sobral, e o español, Marco Mezquida.

Hora: 21:30 horas (Portugal)

Ubicación: Cortinas de Sao Francisco (Fortaleza)

Entradas: 5 euros. Preme aquí para poder conseguir a túa entrada para o concerto.

  • El Balcón – Charla sobre Música para compartir en la frontera con Cesário Costa

Ubicación: Espazo Xove (Tui)

Hora: 12:00 horas (ES)

Charla sobre Maletas a Eurovisión, Lisboa y Barcelona con Salvador Sobral e Marco Mezquida

Ubicación: Pousada (Valença)

Hora: 16:00 (PT)

Xoves, 18 de xullo

  • Concerto de María Hinojosa & Trío Preseli

Unha ponte entre Galicia, Portugal e Gales é do que se trata a proposta de María Hinojosa, Simon Lewis e Daniel Pereira

Hora: 22:30 horas (España)

Ubicación: Iglesia de Santo Domingo (Tui)

Entradas: 5 euros. Preme aquí para poder conseguir a túa entrada para o concerto.

  • El Balcón – Charla sobre Tender puentes, una visión arquitectónica con Carlos Nárdiz Ortiz

Ubicación: Espazo Xove (Tui)

Hora: 12:00 horas (ES)

Charla sobre Voces referentes de la composición actual gallega y portuguesa con António Victorino d´Almeida e Fernando Buide

Ubicación: Alameda de Santo Domingo (Tui)

Hora: 21:00 horas (ES)

Venres, 19 de xullo

  • Concerto de Jorge Palma & Orquesta Sinfónica Eurorregión

Unha celebración creada para conmemorar o 70 aniversario de Jorge Palma.

Hora: 21:30 horas (Portugal)

Ubicación: Cortinas de Sao Francisco (Fortaleza)

Entradas: 5 euros. Preme aquí para poder conseguir a túa entrada para o concerto.

  • El Balcón – Charla sobre ¿Qué momento vive la industria musical en España y Portugal? con Carlos Pastor (AIE) e Gonçalo Oliveira (D´Orfeu)

Ubicación: Espazo Xove (Tui)

Hora: 12:00 horas (ES)

Sábado, 20 de xullo

  • Puente Creativo Enograstronómico

Mostra da cultura culinaria, vinícola e creativa de España e Portugal. Dez horas de propostas para amosar a cultura de ambos países.

Hora: 12:30 – 21:30 horas (España)

Ubicación: Puente Internacional de Tui-Valença

Entrada libre.

  • Concerto de Chano Domínguez & Mário Laginha

Representación da xeración máis internacional de jazz de España e Portugal a través dos seus pianos.

Hora: 22:30 horas

Ubicación: Alameda de Santo Domingo (Tui)

Entrada: 5 euros. Preme para conseguir a túa entrada.

Domingo, 21 de xullo

  • Coro de la Orquesta Sinfónica de Galicia & Adrián Regueiro

Percorrido musical entre a cultura e arte de España e Portugal , onde tocarán pezas de todo tipo ata a actualidade.

Hora: 21:00 horas (España)

Ubicación: Iglesia de Santo Domingo (Tui)

Entradas: 5 euros. Preme aquí para poder conseguir a túa entrada para o concerto.

  • El Balcón – Charla sobre Marca ibérica: jazz, flamenco y fado con Mário Laginha e Chano Domínguez

Hora: 12:00 horas (ES)

Ubicación: Espazo Xove (Tui)

Se queres ampliar a información sobre o festival que terá lugar en Tui e Valença os próximos días podes consultar a súa web https://ikfem.com/

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS