domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeO programa +Música da Deputación leva a Erea Castro a Salceda e...

O programa +Música da Deputación leva a Erea Castro a Salceda e Milladoiro a Oia

O concerto de Erea Castro terá lugar ás 22:30 horas e o de Milladoiro ás 22:00 horas no Eirado de Viladesuso de Oia

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” dúas actuacións musicais este sábado en Salceda de Caselas e Oia. Deste xeito, ás 22:30 horas a música de Erea Castro soará en Salceda de Caselas, no marco das Festas do Cristo, e ás 22:00 Milladoiro actuará no Eirado de Viladesuso de Oia.


Erea Castro comezou a cantar con tan só 3 anos de idade e ao longo da súa vida participou en diferentes certames da canción. En Salceda presentará o espectáculo Arraial, de hora e media de duración, no que desmontará prexuízos sobre a identidade de galegos e portugueses, demostrando como a mestura de sons e ritmos son elementos que nos unen como pobo.


Pola súa banda Milladoiro, cunha traxectoria de máis de 40 anos na escena musical galega, presentará en Oia a súa nova xira. No espectáculo, cunha duración de hora e media, o grupo fará un percorrido polos seus temas máis emblemáticos destes 40 anos de historia, así como presentará os do seu novo disco, que leva por título “Atlántico”.


Ámbolos dous concertos enmárcase en +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Trátanse de catro das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS