O domingo, 14 de xullo, a Selección Española de Fútbol voltará a estar nunha final da Eurocopa. A ansiada final comezará ás 21:00 horas e retransmitirase en aberto por a canle «La 1» ou por RTVE Play. O seu rival será Inglaterra que, tras vencer a Paises Baixos o pasado mércores, clasificábase un ano máis á final.
A ilusión por acadar un novo título coa selección nacional foi medrando a medida que os de Luis de la Fuente superábanse no torneo. Por iso e ante a importancia da cita, moitos dos concellos da nosa contorna sumáronse á idea de compartir unha final cos seus habitantes.
Se queres saber se no teu concello vai haber algún acto ou unha pantalla xigante para desfrutar do partido xunto a túa xente, consulta a seguinte lista:
Comarca de Vigo
- Redondela instalará dous pantallas xigantes no Pavillón Municipal da Marisma e no Pavillón de Deportes de Chapela «Manuel González Soto».
- Vigo contará con dous espazos onde se habilitarán pantallas para poder desfrutar do encontro da Eurocopa na Praza Estrela e no Auditorio de Castrelos.
Val Miñor
- Baiona colocará unha pantalla na Praza do Concello, pero ás 20:00 horas comezará a previa do partido a cargo de Vince Stone.
- Gondomar porá unha pantalla na praza Paradela.
Louriña
- Mos habilitará o espazo da Fonte das Angustias (Estrada Porriño-Redondela) onde retransmitirá o partido e haberá foodtrucks dende as 20:00 horas para todos os asistentes.
- O Porriño instalará unha pantalla xigante na Avenida Domingo Bueno. Ademais, o Concello do Porriño pon en marcha unha actividade previa ao partido para os máis cativos como é «Holigalia» dende ás 18:30 horas.
Baixo Miño
- A Guarda instalará unha pantalla na Plaza do Reló e a previa do partido comezará ás 20:00 horas.
- Tui porá unha pantalla no Paseo da Corredoira, preto da oficina de turismo.
Condado
- Ponteareas instalará unha pantalla no Parque da Feira Vella.