domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo invita a peregrinar ao Papa Francisco neste ano santo 2021-2022

Feijóo invita a peregrinar ao Papa Francisco neste ano santo 2021-2022

O presidente do Goberno galego e o arcebispo de Santiago de Compostela foron recibidos hoxe pola Súa Santidade o Papa Francisco.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este luns á Súa Santidade o Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago de Compostela neste Ano Santo 21-22. “Sería sen dúbida a mellor noticia que poderíamos recibir os galegos”, abundou.

Durante a audiencia mantida esta mañá, na que acompañou ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, Feijóo agradeceu ao pontífice, en nome de todos os galegos, o “privilexio” de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que, segundo dixo, enche de esperanza a toda Galicia. 

Peregrinar a Galicia é seguro

Nesta liña, destacou o vínculo dos galegos co feito da peregrinación e a responsabilidade que isto implica, reiterando o compromiso para que Galicia siga a ser unha das rexións europeas máis seguras, como acreditan os datos.

“Peregrinar a Galicia é seguro”, aseverou o titular do Executivo autonómico, recordando que a Comunidade conta co Seguro Covid que garante a asistencia sanitaria para todos os que nos visiten en caso de contaxio.

Así mesmo, valorou o feito de que nos primeiros días do mes de xuño o número de peregrinos sexa superior xa ao de todo o mes de maio.

Ao longo do encontro, Feijóo entregou ao pontífice unha concha de bronce, símbolo do Camiño, e un libro sobre a arquitectura tradicional galega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS