viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeEducación acometerá obras de mellora este verán nos 5 CEIPs de Mos

Educación acometerá obras de mellora este verán nos 5 CEIPs de Mos

Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso, Mestre Valverde Mayo, Pena de Francia e Petelos serán obxecto de optimizacións durante a tempada estival, que irán seguidas de futuras obras de maior envergadura

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para tratar sobre diferentes temas de interese para o municipio. Entre os que figuran necesidades para os centros educativos mosenses de cara ao inicio do vindeiro curso escolar 2024-2025, que comezará en setembro.


Alcaldesa e Conselleiro marcaron a folla de ruta das necesidades prioritarias e a acometer de xeito inminente, durante o presente verán, que son: a renovación da caldeira do CEIP Atín-Cela, a acometida do peche lateral do patio do Colexio Pena de Francia, a renovación dos baños do CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, a mellora da pista deportiva do Colexio de Petelos e, por último, unha obra de implementación da eficiencia enerxética no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos mediante o cambio a tecnoloxía led, para aforro e mellora da calidade lumínica no ximnasio e varias outras zonas do centro.


Así mesmo, durante a xuntanza mantida hoxe, a alcaldesa tamén lle plantexou ao Conselleiro, futuras obras de maior envergadura nos centros educativos que se levarán a cabo progresivamente e, comezando algunhas, durante o novo curso. Tal é o caso da instalación dun ascensor no CEIP de Atín- Cela.


Logo continuarase con outras obras como, no IES de Mos a acometida dun patio cuberto, necesario dado o elevado número de alumnos/as existentes no centro, e no caso do CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda farase o cambio da carpintería de aluminio.


Neste senso Arévalo, rexedora local mosense, agradeceu “a colaboración incondicional da Consellería de Educación, e do Conselleiro, Román Rodríguez, co Concello de Mos e cos centros educativos mosenses en particular, nos que leva investido nos últimos anos centos de miles de euros en obras de ampliación, mellora e mantemento nos nosos colexios e Instituto; apoio que se continúa mantendo e que agora se demostra con estas novas melloras e as futuras obras previstas” e insistiu na “importancia da colaboración entre institucións para manter no mellor estado as dependencias educativas, favorecendo a maior satisfacción e confort da comunidade escolar, algo fundamental xa que elo revirte directamente nos resultados académicos dos que son o futuro da nosa sociedade”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS