viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño segue investindo nas súas parroquias coa licitación de obras en...

O Porriño segue investindo nas súas parroquias coa licitación de obras en camiños de Carracido e Cans

Trátase de obras de pavimentación de camiños en dous lotes por un orzamento base total de 71.964,75 euros

O Concello do Porriño saca a licitación as obras de pavimentación de dous camiños nas parroquias de Carracido e Cans, cun orzamento base de 71.964,75 euros, financiado ao 100% ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025 da Unión Europea.


O camiño de O Meixón en Carracido ten un total de 720 metros de longo, en tres tramos de diferentes anchos, desde 3,30 ata 5 metros. As actuacións previas consisten en corte ou demolición do pavimento existente, excavación de cunetas, desbroce e limpeza do camiño, entre outras. O orzamento desde lote é de 65.282,82 euros e inclúe tamén traballos de movemento de terras, o firme e pavimentos, asi como a sinalización con marcas viais reflexivas e letreiros.


Pola súá banda, o camiño de A Carreira en Cans conta cun orzamento base de 6.681,93 euros para os seus 85 metros de longo e un ancho medio de 4,5 metros. Inclúense actuacións previas de desbroce e limpeza do camiño e preparación do firme e pavimento para a posterior pavimentación, recalque de tapas e sinalización vial con marcas reflexivas e letreiros.

Ambas actuacións abarcan tanto as obras dos camiños como as conexións coas actuais redes de subministración e saneamento, procurando a interconexión co Porriño mantendo a harmonía paisaxística. O prazo de execución será de dous meses para sendas obras.


Os pregos de contratación pódense consultar na web de Contratos Públicos de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS