viernes, noviembre 22, 2024
InicioConcellos +A CañizaEncontro institucional entre o concello da Cañiza e a Deputación de Pontevedra

Encontro institucional entre o concello da Cañiza e a Deputación de Pontevedra

Así o comunicou o Aalcalde quen fixo unha valoración positiva e fructífera desta primeira xuntanza na que se trataron temas importantes para o desenvolvemento do municipio, como a mellora das estradas provinciais que vertebran o territorio con especial mención á EP 5102 Achas- A Franqueira – Lamosa e a EP 5001 da Franqueira a Cebreiro.

En relación a estas 2 estradas Luis Piña informou ao Presidente da necesidade de mellorar o trazado dos entronques e asfaltado da circunvalación Cebreiro-Franqueira e tamén a rotonda á altura do alto da Franqueira no cruce da circunvalación ata a estrada interior. Ademáis o alcalde solicitou de novo a mellora e traspaso ao Concello dun tramo nesta estrada interior.

Seguindo na liña de mellora das estradas provinciais o alcalde manifestou a necesidade de construir beirarrúas entre o casco urbano e o lugar de A Igrexa en Achas, un paseo peonil entre a Ponte de Achas e Randufe e humanizar a rúa Botica.

Pechou así o capítulo de melloras viais coa solicitude de acondicionamento de beirarrúas peonís na estrada 5002 Cañiza – Arbo dentro da parroquia de Valeixe.

Nesta xuntanza o mandatario da Cañiza tamén tratou co Presidente da Deputación sobre a falta de recursos do Concello para poder conservar adecuadamente a rede de pistas e camiños municipais, sendo unha das máis grandes de toda a provincia, cun territorio de 108 km2. Neste sentido, Luis Piña solicitou a axuda da administración provincial para a limpeza de maleza, cunetas, bacheo e asfaltado.

Tamén se analizaron os problemas municipais relacionados co servizo de abastecemento de augas e saneamento, cuns costes de mantemento demasiado elevados para o Concello.

Outro dos temas que se abordaron nesta xuntanza, e que o alcalde calificou de especial interese para A Cañiza, foi o da posta en valor da Cidade Castrexa das Grades. Unha actuación ilusionante na que o Concello xa está traballando, buscando as fontes de financiación que permitirán realizar os estudos e prospecccións arqueolóxicas.

A financiación de competencias impropias do Concello e do GES (Grupo de Emerxencias) formaron parte tamén da axenda do día que rematou falando sobre os plans de emprego provinciais dos que se beneficia o Concello e os servizos que dan soporte xurídico ás administracións locais.

Luis Piña valorou positivamente esta primeira reunión co Presidente Provincial na que tivo a oportunidade de expor en primeira persoa os problemas que afectan ao Concello. “Un municipio cunha gran extensión territorial, gran diseminación poboacional e unha orografía moi accidentada que provoca que a prestación dos servizos públicos sexa cada vez máis difícil de manter”. 

SUBVENCIÓNS RECIBIDAS DA DEPUTACIÓN NESTE 2024; 1.166.232,01€

A Deputación destina á Cañiza neste ano un total de 640.723,80€ a través do Plan «+ Provincia 2024».  57.500€ máis que o ano anterior e que permite ao Concello elexir ás obras e actuacións a executar, que son as que seguen:

  • 150.970,34 € para a mellora do campo de fútbol de Augas Férreas,
  • 96.597,08€ para a reforma das pistas de tenis.
  • 81.662,26€ para xeración eléctrica fotovoltaica na piscina.
  • 77.081,55€ para a construcción dun ximnasio no pavillón da Cañiza.
  • 56.381,49 para a construcción dun miradoiro e observatorio nocturno no Alto do Montouto.
  • 31.309,22€ (esta cantidade é un porcentaxe que se suma a outros 74.709,96€, recibidos do Fondo de Compensación Ambiental 2024 da Xunta, para acometer as obras de saneamento en Gundián-Petán).
  • 23.702,89€  (cantidade que se suma tamén a outros 82.128,33€ do Plan Camiños de AGADER 2024 da Xunta, que se destinarán ao acondicionamento dos camiños de Bueixos e As Grades). 

Estas dúas últimas cantidades veñen a sustituir aos recursos propios que tería que aportar o Concello para completar a financiación das obras. Deste xeito a aportación é cero.

  • 123.018,97€ para o fomento do emprego e contratación de 11 traballadores.

Ademáis o Concello conseguiu outras dúas axudas da Deputación:

  • 479.948,21€ para a mellora do campo de fútbol Augas Férreas, a través do «Plan PON 2030». 
  • 45.560,00€ para ampliar a cuberta das pistas de pádel, recibida ao abeiro do «Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas».
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS