Foi necesario que os Bombeiros de Pontevedra empregasen o material de excarceración para liberar á vitima mortal.
Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas este mediodía nun choque no que se viron implicados dous turismos en Cerdedo-Cotobade. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia desprazados, foi necesario que os Bombeiros de Pontevedra empregasen o material de excarceración para liberar á vítima mortal, que quedou atrapada no interior dun dos coches accidentados.
Os feitos producíronse na EP-0401, á altura do punto quilométrico 2, na parroquia de Carballedo.
Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar do sinistro.
Enseguida, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ribadumia e de Pontevedra, do GES da Estrada, do Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e da Garda Civil de Tráfico.
A pesar de que os servizos sanitarios mobilizaron un helicóptero medicalizado ata o lugar do accidente, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa que faleceu.