Faleceu este sábado nun accidente de tráfico mentres adestraba de cara ao Rally de Pontevedra.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, en nome do deporte galego, lamenta «profundamente o pasamento do piloto pontevedrés Victor Magariños que tivo lugar esta mesma mañá nun accidente de tráfico mentres adestraba de cara ao Rally de Pontevedra da vindeira fin de semana», di nun comunicado.
O mandatario galego quixo mandar unha mesaxe de ánimo e apoio á familia e amigos de Magariños así como a todo o sector do automobilismo galego. Insiste, amáis, na necesidade de «extremar as precaucións e cumprir todas as medidas de seguridade no deporte, especialmente nos deportes de motor, para evitar tráxicos sucesos coma este».