lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasGalos, Castrexos, Romanos, Exipcios e Gregos volven tomar as rúas do Porriño...

Galos, Castrexos, Romanos, Exipcios e Gregos volven tomar as rúas do Porriño na Porrigalia

Claudio Giráldez, entrenador do Celta, encargado do pregón desta VIII Porrigalia, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo

Esta mañá presentouse a VIII edición de Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño no que participan castrexos, galos, exipcios, romanos e gregos. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, a maratoniana Ana Pérez, e representantes do tecido comercial do Porriño, deu a coñecer a programación de Porrigalia para os días 12, 13 e 14 de xullo.


Astérix e Obélix, acompañado polo seu fiel amigo canino Ideafix, estiveron entrenando os saltos de lonxitude na praza do Arquitecto Antonio Palacios, xunto a algúns nenos e nenas do Porriño.


Alejandro Lorenzo e Ana Pérez aproveitaron para animar a toda a cativada e os adultos a
“participar nestas festas tan divertidas, con programación para todos os públicos e pensadas para disfrutar coa familia e as amizades”, declara Ana. “Unhas festas que contan co apoio de moitas asociacións, ANPAS, hosteleiros e comerciantes…, de todos os veciños e veciñas do Porriño, que a fan posible”, engade o rexidor.


O venres 12 tomarán as rúas da vila 9 comparsas representando as civilizacións dos galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que disputarán os xogos da Porrigalia. Máis de 150 participantes que acompañarán á corredora Ana Pérez e Claudio Giráldez, entrenador do Celta de Vigo, porteadores da chama olímpica desta edición. Giráldez, ademais, será o encargado de dar o pregón.


Concertos de A Roda, Lucía Pérez ou A Gramola Gominola, súmanse á programación musical

A música é parte fundamental da Porrigalia, e ademais das charangas nas rúas que quentan o ambente durante os tres días de festa, este ano a veciñanza do Porriño poderá disfrutar da música en vivo de varios grupos musicais. Lucía Pérez, actuará o venres 12 de xullo ao rematar o pregón e o acendido da chama olímpica. La Patrulla dará un concerto o sábado 13, despois do “secuestro” do alcalde. Ese mesmo día, ás 21:30 A Gramola Gominola tocará tamén na mesma praza. E o domingo actuarán os Gin Toni’s ás 13:00, Picadiscos MariFaltri ás 19:00 e A Roda ás 20:00 h.


Durante toda fin de semana haberá actuacións de DJ’s nas distintas prazas da vila. Figuras
como DJ Donper, DJ Brokkt, DJ Keva, DJ Rulo, DJ Mus ou DJ Juan de Marco, amenizaran as veladas do venres e o sábado.


As probas olímpicas para grandes e pequenos, os xogos populares, espectáculos infantís, teatro, a tradicional queimada do Rei Panoramix, e o espectáculo “Lume” de Troula, completarán a programación deste ano. Esperamos que o alcalde volva recuperar o mando antes de que acaben as festas.


Toda a programación de Porrigalia está dispoñible na web do Concello do Porriño porrigalia.org.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS