O Centro Cultural de Moreira arrefría billas para acoller a segunda edición da Festa da Cervexa. O vindeiro 20 de xullo a partir das 11:00 horas concertos e sorteos acompañados de billas de cervexa ben frías para vivir unha xornada festiva na compaña de todas as veciñas e veciños de Ponteareas.
A Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva San Martiño de Moreira ultima detalles para que esta nova edición repita éxito de participación. Moreira convida a desfrutar da música de Dr. Slump a partir das 12:30 horas; Exeria ás 15:00 e ás 17:30 horas e ás 22:00 horas Wilson´s Bar Band.
Un día enteiro de música e refrescante cervexa no que ademais dos concertos actuará o DJ Rubin Bermudez ao longo de todo o día para que a música non pare. A xornada rematará cunha tirada de fotos artificiais ás 23:00 horas doados por Esperancita.