viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño prepárase para as Festas de San Bieito cun novo festival

O Porriño prepárase para as Festas de San Bieito cun novo festival

Os días 10 e 11 de xullo, o Concello do Porriño celebrará unha das súas festas patronais na honra de San Bieito. Ao longo da mañá deste venres presentouse a programación dos dous días de celebración, onde entre as principais novidades está o Mano de Santo DJ Festival.

Na presentación estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Festas, Bienvenido Estévez, acompañados por Ramón Moreira, da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, e o DJs Samu Pexe e DJ Keva.

Alejandro Lorenzo invita a toda a veciñanza “a disfrutar destes días de festa no barrio de San Bieito, punto de encontro dos porriñeses e porriñesas cada verán, e ledicia dos visitantes”.

Festas de San Bieito 2024

A programación comezará o mércores día 10 de xullo a partir das 20.30 h na praza de San Sebastián coas actuacións do Trio Azar e a Orquesta Capitol. De seguido, sobre a media noite, darase paso a música DJ co Mano de Santo DJ Festival, a gran novidade deste ano. A sesión DJ contará coa participación de Selecta, un dos productores clave da escea urbana nacional, Groove Amigos, e o un contra un -B2B- entre Samu Pexe e Pitty.

O Mano de Santo DJ Festival busca facerse un oco apostando por taer a Selecta como o cabeza de cartel. Selecta é un dos grandes productores e dj do panonama musical nacional e é un colaborador habitual con artistas como Recycled J.

Para conseguir máis información sobre o evento pódese seguir as novidades polas súas redes sociais (@manodesanto.fest)

O xoves día 11, propio día de San Bieito, celebraranse misas na Capela ás 9:00 e 10:00 h. A misa solemne as 12:00 h na Igrexa Santa María, coa participación da Coral da Escola Municipal de Música, seguida da Procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música. Ao finalizar, a Banda dará un concerto no barrio de San Bieito e terá lugar unha subasta benéfica para a AECC do Porriño.

Xa pola tarde, a partires das 19:30 h, actuará a banda de gaitas Os Zoqueiros. Ás 20:00 h terá lugar outra misa na igrexa de Santa María. E a velada continuará coa actuación ás 21:30 h da Orquesta Tango para rematar co DJ Khris Guez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS